A Coordinadora Galega de ENDL presentoulles aos Equipos a comezos deste curso unha proposta para impulsar o uso da lingua galega na rede coa ollada posta no 17 de maio, Día das Letras Galegas, da Internet e das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. Trátase dunha iniciativa ambiciosa que sobarda o campo do ensino e para a que hai que procurar moitos apoios. Para acoutar os obxectivos, cumpría delimitar as aplicacións sobre os que actuar, e decidiuse que no ámbito educativo hai dúas ferramentas dun uso xeralizado coas que traballamos milleiros de equipos de traballo (bibliotecas, Equipos de Normalización, Novas Tecnoloxías, Departamentos, etc.), docentes e alumnos/as que cumpría galeguizar: a conta de correo GMail e a plataforma de blogues Blogger (blogspot), ambas aplicacións da empresa Google que, ademais, xa presentan a opción de escolla das outras linguas peninsulares oficiais: castelán, catalán, euskera e portugués. Mais é unha proposta para lanzar só dende o ensino? Non, non o é, mais conleva unha compoñente moi forte de sensibilización lingüística que se adapta moi ben aos obxectivos que rexen labor dos Equipos de Normalización Lingüística, como antes o foron campañas de galeguización dos móbiles ou da rede social Tuenti. Daquela, imos aló?
Gmail en galego
Que se precisa?
Contactar coa empresa para comunicarlle os obxectivos da campaña e ver a súa disponibilidade para contarmos coa opción do galego nun período de tempo relativamente breve.
Contactar cos colectivos, entidades e asociacións de usuarios galegos para implicalos na iniciativa e atinxir o conxunto da sociedade.
Contactar con grupos de usuarios especializados na localización de software para colaborar nos labores de tradución.
Elaboración de pregos para enviar a solicitude de galeguización á empresa vía correo electrónico e/ou postal.
Deseño de banners para a iniciativa.
Elaboración de deseños que se poidan usar en adhesivos, cartaces, trípticos, etc.
Elaboración de Unidades Didácticas ou baterías de actividades para traballar nas aulas (ensino).
Crear unha comisión para coordinar a difusión da iniciativa: contacto cos blogues escolares, de bibliotecas e Equipos de Normalización; cos colectivos de docentes; e creación e mantemento de perfís propios nas redes sociais (Facebook, Twitter, etc.) para difundir a campaña.
Blogger en galego

Deseño de banners para difundir a iniciativa.

PuntoGal
É unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do galego na rede e no mundo. Coa candidatura a punto, xa falta menos para que .gal sexa unha realidade. Xa recibiu o apoio de máis de 12500 persoas e máis dun cento de entidades como as Universidades e a Academia.
Banners para visibilizar o apoio e difundir a iniciativa nas páxinas web.
Doodle para o Día das Letras 2012
Google dedica frecuentemente versións do seu logo, chamadas "doodles", a distintas conmemoracións. A idea desta nova campaña é pedirlle a Google un destes "doodles" para o Día das Letras Galegas 2012.
Perfil en Twitter: https://twitter.com/#!/tweet_en_galego. Faite seguidor/a e mantente atento/a ás súas propostas e iniciativas, así como ás da comunidade pro-Twitter en galego. Para comezar, podes retuitear a mensaxe que atoparás aquí: http://act.ly/38z
Proxecto Letras e Internet
A Coordinadora Galega de ENDL presentoulles aos Equipos a comezos deste curso unha proposta para impulsar o uso da lingua galega na rede coa ollada posta no 17 de maio, Día das Letras Galegas, da Internet e das Telecomunicacións e a Sociedade da Información. Trátase dunha iniciativa ambiciosa que sobarda o campo do ensino e para a que hai que procurar moitos apoios. Para acoutar os obxectivos, cumpría delimitar as aplicacións sobre os que actuar, e decidiuse que no ámbito educativo hai dúas ferramentas dun uso xeralizado coas que traballamos milleiros de equipos de traballo (bibliotecas, Equipos de Normalización, Novas Tecnoloxías, Departamentos, etc.), docentes e alumnos/as que cumpría galeguizar: a conta de correo GMail e a plataforma de blogues Blogger (blogspot), ambas aplicacións da empresa Google que, ademais, xa presentan a opción de escolla das outras linguas peninsulares oficiais: castelán, catalán, euskera e portugués.Mais é unha proposta para lanzar só dende o ensino? Non, non o é, mais conleva unha compoñente moi forte de sensibilización lingüística que se adapta moi ben aos obxectivos que rexen labor dos Equipos de Normalización Lingüística, como antes o foron campañas de galeguización dos móbiles ou da rede social Tuenti. Daquela, imos aló?
Gmail en galego
Que se precisa?
Blogger en galego
Que se precisa?
PuntoGal
É unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do galego na rede e no mundo. Coa candidatura a punto, xa falta menos para que .gal sexa unha realidade. Xa recibiu o apoio de máis de 12500 persoas e máis dun cento de entidades como as Universidades e a Academia.
Doodle para o Día das Letras 2012
Twitter en galego