UN ESPAZO COLABORATIVO PARA A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

Este wiki, fainoTIc, ofrécese como unha ferramenta de traballo colaborativo que poida redundar no labor normalizador que se realiza nos centros de ensino, especialmente para os ENDL, en relación ao ámbito das TIC. O obxectivo é contar cun espazo de edición colectiva no que dispoñamos para todos/as recursos e materiais de utilidade, experiencias e modelos desenvolvidos noutros centros polos compañeiros/as, ferramentas lingüísticas e da web 2.0 que poidamos difundir no seo da comunidade educativa, contidos diversos en galego e mesmo accións normalizadoras para levar a cabo co alumnado.

Bota a andar o 11 de febreiro de 2011 coincidindo coa celebración do II Encontro de equipos e docentes pola normalización que organiza a CGENDL. Os vimbios son febles e escasos para comezar, agardan pois pola vosa colaboración.



3d_10oc.jpg